A artista Karin Kuijper ilumina o Auditorio de Rianxo cunha exposición colorida

09 Setembro 2022

Cor e alegría son as sensacións que desprenden os cadros que estes días engalanan as paredes do auditorio de Rianxo. A súa autora é Karin Kuijper, unha artista autodidacta que hai doce anos decidiu cambiar os Países Baixos por Rianxo.
Karin Kuijper, que se declara unha namorada de Rianxo, explica que a súa fonte de inspiración está no día a día, nas situacións máis sinxelas.
A exposición de arte naive EMOCIONES 2022 é a oitava desta pintora neerlandesa nca comarca e estará ao dispor do público no auditorio de Rianxo ata o 30 de setembro ofrecendo arte e unha boa dose de alegría.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.