A ANPA de Palmeira propón 15 actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes

19 Setembro 2022

A Anpa Ceipp Palmeira sigue co compromiso coa Igualdade e vai completar o Programa que escomezaron no mes de maio, composto por 15 actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado, ás familias, docentes e á comunidade educativa en xeral, dentro das especificacións que indica o procedemento SI449B da Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

  • O vindeiro 30 de setembro do 2022, ás 18:30h, no Auditorio Municipal de Ribeira, desfrutaremos do espectáculo “Asdomare”, interpretado por Rilo&Penadique.

Vero Rilo & Sonsoles Penadique interpretannarrancantan e musican historias, contos escoitados nalgún lugar ou escritos nalgún libro, nacidos dende algún lugar de ser. Fusionan o mundo da infancia coa palabra e a música dando lugar a un espectáculo de narración oral para crianzas e familias.

Neste espectáculo de 50 minutos de duración, usan a interpretación, a música do acordeón, a voz e o canto para falárennos de historias sorprendentes protagonizadas por mulleres, contadas coa incrible capacidade de narrar de Vero Rilo e a sutileza musical de Sonsoles.

  • O luns 24 de outubro, ás 16:00h, na Sala de Usos Múltiples do CEIPP de Palmeira, cunha duración de 2h, as familias e docentes teremos un obradoiro de formación pola Igualdade, impartido por Mercedes Urbiola (Pedagoga, especializada no desenrolo humano familiar e Guía Montessori).

Familias coeducadoras. Educar e crecer en igualdade”: un acercamento á coeducación, educación en igualdade dende o nacemento e durante o noso proceso de desenvolvemento. Falaremos de estereotipos, roles de xénero, socialización diferenciada e desigualdades de xénero e aprenderemos a educar en igualdade a través dos xogos, xoguetes, contos e a través do uso da linguaxe inclusiva.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...