Rianxo organiza un programa de roteiros guiados para coñecer o seu rico patrimonio

02 Agosto 2022

O Concello de Rianxo organiza un programa de roteiros guiados para dar a coñecer diferentes lugares de interese rianxeiros durante a tempada de verán. Por exemplo o Castelo da Lúa, o Hórreo de Araño, a aldea de Brión (e a aldea abandonada de Abuín) ou as igrexas da vila de Rianxo. Tamén se adicará un percorrido para coñecer o importante legado literario de Rianxo e algunhas das principais pegadas deixadas polos seus escritores.

Vista aérea do Castelo da Lúa

Damos conta dos diferentes roteiros artellados, e das datas e dos lugares nos que se realizan:

10 de agosto – O Castelo da Lúa

10:30 – Peirao de Setefogas (Coordenadas: 42.653852, -8.818550)

Percorrido polo Paseo marítimo de Rianxo dende o Peirao de Setefogas ata a praia da Torre, con visita ao Castelo da Lúa. Durante o traxecto podemos ollar a praia do Pazo, a desembocadura do río Té, a cheminea da praia da Torre ou os monólitos e esculturas do paseo.

24 de agosto – O Hórreo do Araño

10:30 – Aparcadoiro do hórreo do Araño (Coordenadas: 42.694419, -8.800977)

Visita a varios dos elementos patrimoniais máis destacados da parroquia do Araño. Coñeceremos de preto o hórreo do Araño, o máis longo do mundo, e achegarémonos á casa reitoral e á igrexa de Santa Baia, para continuar cun percorrido pola aldea da Capela, onde se atopa o pazo dos Calote coa súa capela do Nadal.

31 de agosto – Leiro na Historia

10:30 – Escola de Abuín (Coordenadas: 42.646662, -8.791688)

Percorrido para afondar nos elementos máis senlleiros da aldea de Brión, con visita aos petróglifos dos Mouchos e viaxe no tempo para coñecer a Aldea Esquecida de Abuín.

10 de setembro – A Guadalupe en Rianxo

10:30 – Capela da Virxe de Guadalupe (campo de Arriba) (Coordenadas: 42.652964, -8.817925)

Visita aos lugares da vila de Rianxo con máis relación coa Guadalupe, con visita á capela da virxe de Guadalupe e á igrexa parroquial de Santa Comba de Rianxo.

Sábados 6, 13, 20 e 27 de agosto – Roteiro por Rianxo

10:30 – Casa Museo de Manuel Antonio (rúa de Abaixo) (Coordenadas: 42.651609, -8.819093)

Paseo guiado por Rianxo para descubrir algúns dos lugares máis destacados da vila.

– Inscrición (necesaria): Nos puntos de Información turística de Rianxo ou no teléfono 604023753 (de luns a sábado de 10 a 14 e de 18 a 20, fin de semana de 10:00 a 14:00).

– Prazo límite de inscrición: ata 24 horas antes de cada ruta.

– N.º mínimo de persoas para a realización de rutas: 8.

– N.º máximo total de persoas: 30.

– Duración aproximada das rutas: arredor de 1h 30min.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.