Prohibida a captura do choco na Ría de Arousa ata o 30 de outubro de 2022

05 Agosto 2022

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución da Consellería do Mar na que se establece que a captura do choco na Ría de Arousa está prohibida desde o 3 de agosto ata o 30 de outubro de 2022.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución da Consellería do Mar na que se establece que a captura do choco na Ría de Arousa está prohibida desde o 3 de agosto ata o 30 de outubro de 2022.

Na resolución, a Xunta enmarca está decisión dentro da normativa que regula artes, equipamentos e técnicas que están permitidas para a extracción profesional.
Co cal, durante o período de veda está prohibida a captura, tenencia abordo ou transbordos deste molusco. Ademais, todas as capturas realizadas –aínda que se produzan de forma accidental– deben ser devoltas ao mar.
En concreto, a veda na captura de choco está establecida na Ría de Pontevedra desde o 11 de xullo ata o 31 de outubro de 2022 e na Ría de Vigo desde o 19 de xullo ata a mesma data de finalización.

Outros artigos

Ribeira convoca ao voluntariado para limpar a praia de Coroso

Este venres 25 de abril, a concelleira de Medio Ambiente, Antía Alberte, e máis o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, anunciaron que o vindeiro sábado 3 de maio, a partir das doce na praia de Coroso e á altura da Escola Oficial Náutico Pesqueira, procederase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión