Pakolas fará bailar á rapazada de Boiro este martes 23 en Barraña

22 Agosto 2022

O músico rockeiro Pakolas estará este martes 23 de agosto en Boiro para ofrecer un novo concerto para a rapazada. Será ás 12.00 horas na praia de Barraña, a carón do Edificio das Colonias. Pakolas presentará Rockeamos todas, un espectáculo en galego e inclusivo para todos os públicos.

Pakolas é o nome co que Paco Cerdeira se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria. Na súa longa andaina de traballo nas cancións infantís, Paco sempre pon de manifesto que a música é universal pero as letras deben estar pensadas para o público miúdo.

Pakolas interpreta en directo unha selección dos seus propios temas, revisados e rigorosamente escollidos para a ocasión, recollidos en libro-CD da Editorial Galaxia, nos que as protagonistas son ELAS: nenas, nais, inventoras, heroínas, doutoras, figuras femininas que tratan de poñer en valor a importancia de vivir en igualdade, de historias contadoras de superación de desigualdades, e de loita polo respecto e a liberdade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.