O PSOE pide á xunta que habilite novos estacionamentos no Hospital Público do Barbanza

12 Agosto 2022

A parlamentaria socialista Noa Díaz Varela vén de presentar unha serie de iniciativas no Parlamento de Galicia para reclamar á Xunta que amplíe a zona de estacionamento do Hospital Comarcal do Barbanza, antes de que remate o ano. Nas súas palabras, “o Hospital do Barbanza precisa, canto antes, de espazos para que todas as persoas que accedan ao centro poidan aparcar sen problemas e non teñan que deixar os seus vehículos en zonas que non están acondicionados para esa finalidade”.

Engaden que “este centro hospitalario dá servizo a unha poboación de máis de 60.000 persoas, o que fai necesario dotalo de accesos axeitados e de suficientes prazas de aparcamento para así evitar que o persoal traballador, doentes e acompañantes teñan que deixar os seus vehículos en espazos que dificultan a circulación rodada na contorna”.

Díaz esixe alternativas e sinala a existencia de tres parcelas nos arredores do hospital comarcal que “serían as idóneas para tal fin e que ademais “non parecen atopar resistencia por parte das persoas propietarias para a súa venda ou alugueiro”, unha xestión que deberá realizar o propio Concello.

Declarou que “é preciso ampliar os espazos de aparcamento nas inmediacións que encaixen cos novos modelos de accesibilidade, sostibilidade e fomento dos espazos de uso peonil”.

Esta iniciativa, contou coa unanimidade da Corporación Municipal de Ribeira a proposta do Grupo Socialista, e “permitirá mellorar a dotación de prazas de estacionamento de xeito substancial pero tamén reorganizar o espazo da área sanitaria para que o persoal traballador dispoña dun espazo axeitado para os seus vehículos”, sinalou a parlamentaria do PSOE.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.