O PSdeG inicia recollida de sinaturas nas 63 cofradías galegas contra a prohibición de CE da pesca de fondo

19 Agosto 2022

O PSdeG iniciou unha recollida de sinaturas polas 63 cofradías galegas contra a prohibición da pesca de fondo da Comisión Europea en caladoiros de toda Europa, pero que afecta singularmente a Galicia. O secretario xeral dos socialistas, Valentín Formoso, puxo a primeira sinatura acompañado do Patrón Maior de Burela e presidente da Federación Nacional de Cofradías e de diferentes representantes dos municipios máis afectados na comarca da Mariña.
Os socialistas comezaron este venres en Burela a súa campaña de recollida de sinaturas contra a decisión da Comisión Europea que prohibirá a un gran número de pescadores galegos traballar nos caladoiros afectados. Tratarán de sumar tamén a outras comunidade afectadas como Asturias, Cantabria ou o País Vasco, e incluso a outros países como Portugal ou Francia.
Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG, remarcou que o seu partido “nin entende, nin comparte” o paso dado pola Comisión Europea, indicando que a decisión “carece de rigor científico” e non ten unha avaliación previa do impacto económico e social que terá. A maior preocupación do líder socialista son o gran número de familias que dependen da pesca de fondo e que “ven ameazado o seu futuro”.
Para Formoso non coincide a decisión da Comisión coa realidade dos caladoiros galegos, os cales recuperaron un 51% da biomasa nos últimos 15 anos. Por isto, entende que o sector pesqueiro
galego xa estaba actuando con respecto ao medio ambiente e dunha sostible para o ecosistema
mariño.
Declarou que a Comisión Europea está “de costas” ao sector e aos países, pero tamén para Formoso, o que é máis perigoso é que tamén actúa “de costas” ao rigor científico. Por estas razóns, a través da recollida de sinaturas iniciada hoxe polos socialistas fan un requirimento, “dende a humildade, pero con determinación”, ao máximo órgano europeo para que cambie a súa decisión, que para os socialistas pode acabar cunha parte moi importante da pesca galega e do norte de España.

O PSdeG inicia unha recollida de firmas nas cofradías galegas en defensa da pesca de fondo.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.