O Parque da Cachada acolle este sábado a III Romería das Peñas

17 Agosto 2022


O parque da Cachada acolle este sábado 20 de agosto a III edición da Romería das Peñas, que comezará pola mañá e se prolongará durante toda a xornada. O alcalde, José Ramón Romero, participou esta mañá na presentación do programa acompañado do presidente de Peñas Boiro AC, Joaquin Riveiro, e outros membros da directiva.
As actividades comezarán ás 13.00 horas coa sesión vermú que estará amenizada polo grupo La Movida, ás 15.00 horas comezará un xantar popular cunha paella elaborada por Miguel Mosteiro postos de food tracks… Despois de comer, arredor das 16.00 horas haberá unha festa da espuma e os tradicionais
xogos das peñas. Ás 19.00 horas dará comezo a festa holi e animación musical con disco mobil Chocolate e actuacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.