O Mago Noel estará este xoves 4 de agosto no Centro Social de Escarabote (Agramuíña, Boiro) para ofrecer, a partir das 20.30 horas, un espectáculo de maxia para público infantil e familiar.
O Mago Noel é un artista de Marín que reside actualmente en Compostela. Trátase dun mago e ilusionista que combina “maxia de preto”, ou sexa, “maxia de gran formato cun toque de humor moi característico”, segundo el mesmo informa dende a súa web, engadindo que é a súa intención “facer de cada espectáculo unha viveza única e con un éxito de afluencia de público garantido”.




