“O lume nos montes galegos é un suicidio colectivo”. Antón Luaces

14 Agosto 2022

Este sábado e cando Galicia enteira bate no vento a historia da Nosa Señora, patroa de centos de parroquias, máis de 3.000 ha. de monte ardían só na provincia de Ourense, dúas mil delas no concello de Laza, 680 no Irixo e 440 no Casaio, só por citar algúns dos máis significativos.

Son só un mínimo retrato do que está a acontecer, un ano máis, na Galicia de montes escuros coroados nos últimos 60 anos por pinos e eucaliptos entre os que xa non medran aquelas toxeiras entre as que a veciñanza  cavaba a roza, queimaba os terróns e sementaba o trigo que, colleitado, o mesmo servía para os humanos que para determinados animais domésticos fosen estes para o consumo ou para a súa venda en feiras ou mercados da contorna.

Eran, aqueles, tempos de queimas perfectamente controladas cuxas cinzas servían como abono ao igual que abono era, para os regadíos, a borralla da lareira e a que se formaba nos fornos caseiros máis ou menos cada quincena.

Pero agora, valéndose dos trocos experimentados para asentar un modelo de economía agraria que para nada cadra co xorne galego, alguén -algúns- empregan o desleixo de políticos de toda caste para facer da Galicia secular un forno no que todo vale e que, ao que se pode apreciar, ten monte máis disposto para os parques eólicos que para a esplotación racional que sempre foi de seu e na que a gandaría estensiva era a verdadeira máquina trituradora do mato que agora arde de xeito imparable.

O coñecido sindicalista da CUT, Manolo Camaño, fai recaer este mal na “política capitalista deseñada nos últimos setenta anos e que ven desde a expulsión das comunidades agro-gandeiras-forestais , á alteración do medio natural até nos últimos anos converter a extinción nun negocio lucrativo para os amigos do Réxime”.

E repoboaciòn forestal dos montes veciñais en man común por parte do Patrimonio Forestal do Estado ten moito que dicir no que atinxe á responsabilidade deste monocultivo de piñeiros e eucaliptos -de rápido beneficio económico para os propietarios dos montes e de desgraza e seca para o territorio galego- propiciado polo ICONA que encamiña a rendibilidade cara empresas de aproveitamento forestal nas que a pasta de madeira reverte exclusivamente nun capital instalado en Galicia e Portugal para prexuizo da maioría dos habitantes do rural galego que, desde os anos 60 do século pasado, abandonaron as súas aldeas e pobos para converter estes en verdadeiros cimeterios de sonos perdidos na emigración, que conducen ao negocio actual de empresas pasteiras e outras que viven das consecuencias das queimas -naturais ou provocadas- que, obrigadamente,

hai que estinguir.

Arde Galicia, sí; pero non exclusivamente por unha chispa. O chisqueiro e os métodos, unha vez máis, están a prol dos que tiran proveito do lume. Porque ata da madeira queimada se estrae beneficio, digan o que digan. O lume é, certamente, un “suicidio colectivo”, afirma Camaño, para os galegos. Eu diría que para algúns galegos de sempre e outros de novo cuño-

A bós entendedores, sobran verbas.

Outros artigos

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.