O Concello e a patronal de Ribeira premiarán as mellores decoracións de tendas e locais hostaleiros con motivo da Feira Artemar

11 Agosto 2022

O Concello de Ribeira e a Asociación de Empresarios de Ribeira compartiron as bases dos concursos de escaparatismo comercial e de decoración hostaleira encadrados na Feira Artesanal e Mariñeira Artemar 2022, que se vai levar a cabo entre o 18 e o 21 de agosto nas rúas céntricas da cidade.

Segundo se indica nas bases, a decoración dos locais deberá efectuarse polo menos durante os días que dure a Feira Artemar 2022, entre os días 8 (a partir das 20:00 h) ata o 21 de agosto. Para participar deberemos inscribirnos antes das 13.00 horas do venres 22 a través do seguinte contacto: Sandra Fernández. Tel.: 686 587000 Correo electrónico: turismo@ribeira.gal.

Esta mesma información pendurarase a finais desta semana na páxina web municipal,  www.ribeira.gal.

Os concursos están organizados polo Concello e a Asociación de Empresarios de Ribeira.

Tanto no de comercios coma no de establecementos hostaleiros adoptarse o mesmo sistema de valoración: para a valoración da decoración dos distintos establecementos empregarase o sistema de votación popular. Así, os cidadáns poderán elixir a mellor decoración do comercio e de local hostaleiro a través dunha papeleta que poderán atopar no stand da Asociación Riveira Escríbese con V e depositala nunhas urnas habilitadas ao efecto, ao longo do evento.

Ao gañador do concurso de escarapatismo comercial entregaráselle un premio por ser o mellor escaparate ou local decorado da feira e tamén se lle fará entrega dun diploma acreditativo.

A entrega dos premios celebrarase nun acto público convocado ao efecto que se comunicará en datas vindeiras. O evento será publicado nas diferentes redes sociais e páxinas web. Os nomes dos establecementos participantes figurarán nos folletos de difusión ao público en xeral.

Outros artigos

Conferencia de Rosario Sarmiento no Museo do Gravado de Artes

O 1 de abril comezaba da man da Real Academia de Belas Artes coa conmemoración do Día das Artes Galegas que neste ano homenaxea a Isaac Díaz Pardo. En Ribeira, como non podía ser menos, imos ter unha especial presenza de accións ao redor da vida e obra do intelectual,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...