O Campamento Tecnolóxico de Rianxo formou unha importante canteira de expertos en programación web e videoxogos

17 Agosto 2022

Finalmente chegou ao seu remate o Campamento Tecnolóxico do Concello de Rianxo, unha actividade formativa de verán que durante dúas semanas, do 1 ao 12 de agosto, achegou a 16 mozos e mozas rianxeiros varias actividades relacionadas con diferentes eidos das novas ferramentas. Os contidos cubriron un amplo abano temáticas, pero sempre enfocando as actividades ao desenvolvemento da creatividade.

Por exemplo, houbo sesións artísticas e musicais (con obxectos interactivos, mediante circuítos electrónicos), obradoiros de videoxogos para a creación de personaxes, deseño web con HTML e CSS, programación web con Javascript para o deseño de xogos e creatividade con GDevelop e Artuino. O programa tamén incluíu unha actividade para converter á rapazada participante en gamers por un día, complementándose coa preparación dun evento en streaming.

O campamento veu da man do Servizo de Xuventude do Concello, e tivo o obxectivo de fomentar e impulsar a canteira local de tecnólogas e tecnológos. Foron, segundo informou Xuventude de Rianxo, “accións formativas de marcado carácter creativo orientadas a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos”. O número de participantes foi de 16

A finalidade destes obradoiros foi “favorecer un uso práctico, creativo pero tamén crítico da tecnoloxía, á vez que igualitario, nos que haxa unha participación equitativa entre nenos e nenas, rachando con estereotipos de xénero”, explicaron fontes do Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.