O 12 de agosto comeza a XIII Concentración Motera Ría de Noia

A próxima fin de semana, entre o 12 e o 14 de agosto, Noia estará no punto de mira dos seareiros das motos, coa celebración da XIII Concentración Motera Ría de Noia. As xornadas, segundo se fixo saber na presentación, incluirán unha manchea de actividades, destacando a exhibición de free style, o sábado a partir das 20:00h, de Maikel Melero e Francis Costolla.

Este mércores 3 de agosto Agapito Carou, presidente da asociación Moteros Ria de Noia, e Ricardo Romaní, secretario da mesma, presentaron o evento acompañados polo alcalde, Santi Freire, a concelleira de Deportes, Laura Salgado Garcia, e máis a concelleira de Eventos, Beatriz Rosende Paz.

Máis información na web www.moterosriadenoia.com.