“Non no meu nome. Deixen en paz a Lúa” – Manuel Domínguez

30 Agosto 2022

A poetisa grega Safo —nuns versos escritos cara ao ano 570 AC,

A lúa púxose,
e as Pléiades.
É medianoite,
pasa o tempo
e eu durmo soa.

Xa 500 anos antes de Cristo cantábase á lúa, desde tempos inmemoriais cantouse á lúa, ela é o obxectivo dos namorados, dos poetas, todos a ofrecen ao ser amado, así limpa, impoluta, brillante, esbrancuxada ou de cores.

O Apolo 11 foi o primeiro en deixar lixo, como mostra a imaxe, é que alí onde toca o home todo degrádao, degrada os montes, contamina os mares, o aire irrespirable, non se conforma de facer do noso planeta un vertedoiro, non é xa bastante que agora queren facer un vertedoiro da Lúa.

Déixena en paz caramba!

Estou de acordo, tiven que traballar sobre iso, nos avances que gozamos como consecuencia de ir ao espazo, ese espazo que se esta convertendo nun perigo para os satélites que nos adiantan, informan da meteoroloxía, ou das telecomunicacións.

Lixo na Lúa, en primeiro plano á esquerda

Algunhas das novas tecnoloxías que xurdiron grazas á carreira espacial son os cueiros dun só uso, sistemas para loita contra incendios, estudos sobre o dano que poden ter os raios ultravioletas no ser humano, os raios láser, a fotografía satelital, a monitoraxe climático, todo tipo de pinturas e materiais anti-corrosivos, o concepto da enerxía solar e os seus usos, todos os artefactos sen fíos.

Os sistemas de diálises, os escáneres, os purificadores de aire, os tratamentos contra o cancro por emisión de luz con diodos, biorreactores para desenvolver mellores anticorpos… e así ata case 2.000 innovacións.

Non é necesario, facer da Lúa un vertedoiro, este camiño lévanos ao suicidio como sociedade.

Buda dicía “dá un peixe a un home e comerá un día, ensínalle a pescar e comerá toda a vida” isto era 624 a d C, hoxe diría, ensínalle a pescar e esquilmará os mares.

Estamos a degradar a vida, estamos cegos, convertendo o planeta nun cemiterio, e non é bastante que agora, quérennos roubar a Lúa, queren mancillala, e non! Non no meu nome.

Con que pura e serena transparencia
brilla esta noite a Lúa!
A imaxe da cándida inocencia,
non ten mancha ningunha!

Así o describía nosa Rosalía de Castro.

Outros artigos

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.