Medio Ambiente e a USC traballarán nun proxecto internacional para a restauración dos hábitats das Illas Atlánticas

29 Agosto 2022

A Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) van colaborar durante os vindeiros cinco anos no proxecto transnacional LIFE insular. Farano co obxectivo de “acadar a restauración integrada dos hábitats das illas Cíes, Ons e Sálvora, pertencentes ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia”. O papel de coordinadora recaerá sobre a USC mentres que o Goberno autonómico encargarase da execución técnica da iniciativa, tal e como se recolle no convenio asinado este 29 de agosto no Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) entre a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o reitor compostelán, Antonio López.

O obxectivo do proxecto é “promover un estado de conservación favorable dos hábitats dos espazos insulares pertencentes á Rede Natura 2000 no Océano Atlántico, ao tempo que se aumenta a súa resiliencia como medida de adaptación ao cambio climático”. A tal fin, porase o foco de atención sobre 8 Zonas de Especial Conservación localizadas en 5 illas que son (ademais das tres galegas) La Graciosa, en Canarias, e Irlanda.

A través desta iniciativa quérese minimizar o impacto de posíbeis perturbacións externas sobre as zonas de actuación (vendavais, erosión eólica catastrófica.) e buscarase tamén unha recuperación da paisaxe natural destas illas co reto de “reverter” a situación á que había 70 anos atrás.

O proxecto prevé executar actuacións centradas nos tipos de hábitats 2130 e 4030, correspondentes ás dunas costeiras con vexetación herbácea e aos queirogais secos europeos (brezales).

Este papel corresponderalle en Galicia á Consellería, que executará accións de eliminación e control de especies exóticas invasoras; supresión de plantacións forestais; e medidas de protección fronte a actividades humanas que incidan nestes hábitats, como poden ser o control do tránsito de visitantes ou a instalación de captadores pasivos de area.

O proxecto inclúe tamén unha estratexia de sensibilización e difusión pública mediante xornadas en datas sinaladas, como o Día da Rede Natura 2000 ou o Día Europeo dos Parques Nacionais, así como accións de voluntariado, obradoiros escolares e colocación de paneis informativos, entre outras. Por último, tamén se prevé un plan de conservación unha vez rematado o LIFE insular (con data de finalización prevista para o 31 de decembro de 2020).

O orzamento será de máis de 5,2 millóns de euros.

Outros artigos

Incidencias en Ribeira coa limpeza de via e incendio en Boiro

Limpeza de vía por vertedura de aceite hidráulico dun tractor na DP-7503, no concello de Ribeira Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron esta mañá, arredor das 12:10 horas, a unha intervención por vertedura de aceite hidráulico dun tractor...

+

Ribeira presenta novos roteiros turísticos en bicicleta eléctrica

Este martes 8 de xullo, Francisco Suárez-Puerta, concelleiro de Turismo de Ribeira, anunciou a posta en marcha, nas súas palabras, “dun completo programa de roteiros deseñados para mergullarse na rica historia e cultura da nosa terra”. Estes itinerarios, engadiu,...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.