Este venres 26 de agosto a sede do Real Club Náutico de Ribeira vai acoller a presentación do libro do historiador Manuel Gago Pérez (“O Carreirán”), Galeóns, vapores e motoras (Era Dixital). Será o venres ás 21.00 horas.
Ademais, a obra darase a coñecer en Rianxo o vindeiro 2 de setembro, ás 19.00 h, no Centro Sociocultural – Auditorio Municipal. Despois da presentación, haberá unha visita guiada no veleiro Evangelina Uno, con probabilidade a embarcación máis antiga de Galicia (1912), navegando a día de hoxe.
No libro debúllanse as diferentes embarcacións do noso pasado recente dedicadas a pasaxe e o desenvolvemento socio económico da ría. Fálase de barcos, de mar, de armadores e de xentes do mar. O libro, a maiores, recolle documentación oficial e xornalística acompañadas de anécdotas das memorias dos seus colaboradores.
Manuel Gago Pérez. Xubilado. Durante a súa vida laboral exerceuna na Mariña Mercante coma oficial radiotelegrafista naval e de inspector de seguridade marítima. Mantén a páxina web smssmparaper.wordpress.com.