En Ribeira adxudicada a instalación dunha rede de pluviais na rúa Sidreiras e na transversal

12 Agosto 2022

O Concello de Ribeira informa de que foi adxudicada a actuación consistente na instalación dunha rede de pluviais na rúa Sidreiras e a súa vía transversal, ambas situadas no casco urbano.
A actuación foi adxudicada a Construcciones Anspal e comporta un investimento de 81.070,00 euros. Había 28 ofertas presentadas.
Actualmente, cada vez que chove con certa intensidade, pola superficie da rúa Sidreiras discorre gran cantidade de auga que dificulta o tránsito pola vía e afecta ás vivendas próximas. Para solucionar este problema se proxecta a instalación dunha liña de pluviais que recolla as augas superficiais e as conduza mediante dúas tubaxes cara un rego existente e cara a rede xeral situada na avenida da Coruña.
A este respecto, nun primeiro ramal que descorre pola rúa Sidreiras e a súa transversal vaise instalar unha tubería de polipropileno de 80 centímetros de diámetro, en tanto que nun segundo ramal da rúa Sidreiras colocarase outro de PVC de 40 centímetros de diámetro.
O prazo de execución son dous meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...