Cristina Pichel visita o campo de voluntariado de Ribeira

11 Agosto 2022

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou estre 11 de agosto os 15 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos que participan no campo de voluntariado de #Corrubedo en Ribeira. Desde o 6 deste mes até o mércores 17, os participantes realizan actividades en plena natureza cun importante valor medioambiental, cultural e patrimonial. Pichel estivo acompañada polo alcalde Manuel Ruiz, e a concelleira María Sampedro

As e os participantes na iniciativa centran as súas actuacións no Parque Natural de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Durante a súa estadía realizan labores de mantemento dos espazos naturais, reconstrución e consolidación de sendas, eliminación de especies alóctonas, vixilancia de lumes e informan e sensibilizan aos visitantes.

Ademais, os participantes desenvolven actividades complementarias de lecer como observación estelar, actividades grupais guiadas, navegación pola Ría de Arousa, deportes acuáticos como paddle surf ou caiac, rutas culturais e históricas ou visitas ao Centro de interpretación do Ecosistema Litoral de Galicia, entre outras.

Cristina Pichel puxo en valor “a importante dimensión cultural, medioambiental e internacional do campo de voluntariado”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.