Comezou o proceso selectivo do alumnado e o profesorado do Obradoiro de Emprego VIII de Ribeira e O Son

24 Agosto 2022

O Concello de Ribeira informou do inicio do proceso selectivo do alumnado e profesorado para o vindeiro obradoiro dual de emprego Tahume VIII, compartido por Ribeira e Porto do Son e ofrecendo na súa nova edición dúas especialidades: operacións básicas de cociña e pastelería e máis confección e montaxe de artes e aparellos, cuxa data de comezo está prevista para principios de setembro.

No que se refire ao obradoiro de cociña, poderán participar nel 12 alumnos en tanto que no de artes e aparellos, farano un total de 8. Ademais, contratarase como persoal un director, un mestre por cada especialidade, un titor e un auxiliar administrativo.

Actividades forestais do Obradoiro Tahume en Porto do Son

Poden aspirar á participación no obradoiro dual as persoas maiores de 18 anos de ambos municipios que estean desempregadas entendéndose nesta situación persoas demandantes de emprego rexistradas no Servizo Público de Emprego de Galicia, que carezan de ocupación remunerada e estean dispoñíbeis para o emprego, sempre que poidan subscribir contrato para a formación durante toda a duración do obradoiro.

As bases reguladoras da selección poden ser consultadas na páxina web www.ribeira.gal e en www.portodoson.gal.

A especialidade de operacións básicas de cociña e pastelería terá a súa aula formativa na Escola Municipal de Hostalería de Ribeira, no segundo andar do Mercado. O alumnado terá a oportunidade de desenvolver almorzos solidarios, almorzos saudábeis, menús degustacións, xornadas de showcooking e eventos gastronómicos.

En canto ao taller de confección de artes e aparellos, que se celebrará en Porto do Son, os asistentes desenvolverán este tipo de traballos para fondos expositivos dos museos, ambientación de feiras e outras actividades estivais, decoración de espazos urbanos, divulgación en centros escolares ou para o seu uso en instalacións deportivas, para canastras, porterías, etc…

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.