Carballo, Ribeira, As Pontes, Arzúa, Muros e Camariñas acollerán a Copa 4×4 de Balonmán na Rúa da Deputación da Coruña

01 Agosto 2022

A Deputación da Coruña organizará a Copa 4×4 de Balonmán na Rúa cun total de 24 equipos mixtos das categorías alevín e benxamín e máis de 1000 inscricións abertas. Celebrarase entre os meses de setembro de 2022 e abril de 2023 en Carballo, Ribeira, As Pontes, Arzúa, Cerceda, Muros e Camariñas.

Poderán participar nenas e nenos de entre 6 e 11 anos empadroados en calquera concello da provincia, sendo necesario estar en posesión da correspondente licencia federativa para a tempada 2022. As inscricións poderán realizarse a través da web da Federación Galega de Balonmán.

Cristina Capelán nunha imaxe de arquivo

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, destaca que se trata “dunha modalidade novidosa que achega o deporte do balonmán á rúa”. “Este formato de competición será moi atractivo para as nenas e nenos, porque ademais de ter sedes en diferentes puntos da nosa provincia, poderán coincidir con moitas rapazas e rapaces da súa categoría, contribuíndo a levar o balonmán e os valores propios do deporte aló por onde vaian.”

As inscricións para cada torneo realizaranse 15 días antes da celebración da proba, habilitándose os 5 primeiros días para os residentes en cada localidade e os seguintes 10 para completar o cupo de 25 equipos cos conxuntos de fóra do municipio onde se celebre a proba. A cota de inscrición será gratuíta.

Cada unha das sete probas, seis máis a fase final, desenvolveranse durante tres días, de venres a domingo. Os partidos terán unha duración de 26 minutos, divididos en dous tempos de 13 cada un e un descanso máximo de cinco minutos entre cuartos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.