“As cousas non son o que parecen” – Manuel Domínguez

10 Agosto 2022

As cousas non son o que parecen,
son o que poden chegar a ser.

A persoa e o seu gran poder transformador.

O campesiño, tiña a auga do río para regar o millo.

Pero alguén con visión, viu que quentando a auga, xeraba vapor de auga, e así inventou unha máquina, e fixo que os barcos navegasen a vapor, igualmente válido para o ferrocarril.

Alguén co esterco abonaba as leiras para que fosen produtivas, pero alguén viu que os deliciosos champiñóns poderían cultivarse no esterco.

Para que naza un piñeiro, a semente ten que morrer, e nesa morte crea vida, un piñeiro ou un froiteiro.

En cada semente esta a promesa de miles de bosques.

Ano 1950 un engraxador noviño en barcos de Terranova, só vían a un mozo engraxador, non viron ao profesor da Escola Oficial de Náutica.

Fíxose telefonista-multilingüe mentres seguía estudos nocturnos en administración aduaneira na Sociedade de Aduanas Portuarias Arxentinas; nas horas libres estudaba por conta propia o mercado financeiro e así chegou a ser o mais rico do mundo, Aristóteles Onassis.

Hai quen aos 30 ou corenta cambia de profesión e chega a ser o mellor fotógrafo de España.

Un non é o que é, é o que pode chegar a ser, camareiro, varrendeiro, limpa botas, non, estou en transito á espera do momento.

Uns maldín o vento cando non lle é favorable, outros o superan adaptando as velas ao vento.

Os parvos observan como o catavento marca os puntos cardinais, os tontainas non saben que o catavento non ten vida, é o vento quen a move, sen vento unha simple figura.

Por todo o mencionado hai quen ve o hoxe, pero son cegos do mañá, evidentemente non todas as persoas teñen esas capacidades.

A fermosa bolboreta que observas entre as flores, esa beleza que te chama a atención antes de ser bolboreta, foi larva, daquela crisálida e finalmente bolboreta.

Así é a vida, non somos o que somos senón o que podemos legar a ser.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.