Andaina Pro Saúde Mental converte o Consistorio de Dodro nunha sala de exposicións

23 Agosto 2022

A área de Servizos Sociais e Benestar de Dodro que dirixe Xoán Bautista Mariño prosegue co seu programa de actividades nesta recta final do mes de agosto. Este luns 22 de agosto, sen ir máis lonxe, presentou unha exposición en Dodro de cadros realizados en Andaina Pro Saúde Mental. “Trátase da primeira vez que unha Casa Consistorial brinda a súa sede para expoñer cadros”, sinalou agradecida Omaira, co-fundadora da dita organización solidaria. A inauguración contou coas persoas creadoras das obras, veciños, responsábeis da entidade, o concelleiro de Servizos Sociais e Benestar e mailo alcalde.

Xoan Bautista Mariño agradeceu o traballo, a ilusión e a arte que emanan as obras, amais de salientar a implicación da súa área e do resto do Goberno coa asociación sen ánimo de lucro -que se incrementou substancialmente neste mandato- e coa idea de seguir apostando pola inclusión social, colaborando con axudas anuais, charlas organizadas desde Servizos Sociais e Benestar e difundindo o seu labor coma neste caso.

O acto serviu tamén para a entrega de diplomas ás artistas que viron con alegría como os seus 30 acrílicos, de distintos tamaños, quedaban colocados no primeiro andar, nas escaleiras e no primeiro piso das oficinas xerais da Casa Consistorial en Tallós.

As obras expostas tiveron moi boa acollida e xa quedaron algúns cadros reservadas ao acabar a inauguración, que pechou o alcalde incidindo no compromiso deste goberno con estas e outras asociacións.

Andaina Pro Saúde Mental é unha asociación sen ánimo de lucro. Desde 2010 enche o baleiro de atención global para persoas e familiares con problemas de saúde mental das zonas rurais próximas a Compostela. Ten sede en Dodro e Ordes desde onde actúan, tamén co obxectivo de inserción laboral desde o Centro Especial de Emprego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.