Ampliado o prazo para participar no concurso do cartel das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán

17 Agosto 2022

A Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, dirixida por Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), informou da ampliación do prazo para participar na primeira edición do concurso que busca o cartel para a promoción das XXIV Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán. O prazo de recepción de orixinais prosegue deste xeito aberto ata 31 de agosto. O premio consistirá na publicación da lámina e unha dotación económica de 700 euros.

O cartel de 2020

A técnica e o deseño son libres, inspirándose no escritor Ramón del Valle-Inclán, coa obriga de incluír o slogan “XXIV XORNADAS DE HOMENAXE A VALLE-INCLÁN. Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal – outubro de 2022.” Empregarase como material cartolina ou papel semellante, do tamaño A3, cun pseudónimo pola parte traseira. Ó certame poderán concorrer cantas persoas artistas e deseñadoras estean interesadas, maiores de idade. Entregarase un máximo de dúas obras por autor/a e proporcionaranse tamén en formato dixitalizado no Museo Valle-Inclán, no rexistro do Concello ou por correo certificado. O xurado estará composto por persoal relacionado co mundo da cultura e deseño.

As bases completas están ó dispor na páxina web www.apobra.gal.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.