Amicos inaugura os obradoiros participativos de arte reciclada

02 Agosto 2022

A Asociación Amicos inaugurou este 2 de agosto os obradoiros participativos de arte reciclada na rúa peonil Pablo Iglesias próxima a entrada do Mercado Municipal de Boiro, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Todos os martes de agosto repetirá localización co obxectivo de “levar as rúas a súa principal mensaxe de inclusión das persoas con discapacidade na sociedade”.

Esta acción de sensibilización, segundo informou a asociación comarcal Amicos, permitirá aos participantes no obradoiro coñecer o labor da entidade a través do desenvolvemento de algunhas das actividades que os integrantes de Amicos realizan no seu día a día. As persoas con discapacidade serán os guías dos obradoiros de arte reciclada e todos os materiais empregados foron recollidos nas diferentes limpezas de residuos mariños nas praias que as persoas integrantes da asociación levan liderando durante todo o ano para proxectos ambientais como RE-MAR e Peneira, impulsados por Amicos.

As accións de sensibilización e concienciación repetiranse todos os mércores de agosto, tamén
de 10:00 a 14:00 horas na Alameda de Pobra do Caramiñal e todos os xoves, no mesmo horario,
na zona do Coliseo Noela de Noia.

A iniciativa desenvólvese por segundo ano consecutivo debido a boa acollida dos obradoiros o ano pasado grazas ao equipo Badaboom da Asociación. A través do proxecto de patios dinámicos inclusivos denominado Badaboom y los patios japis créase un entorno inclusivo a través do xogo. O proxecto desenvólvese normalmente na hora do recreo nos centros escolares, pero debido ás vacacións de verán, as actividades terán lugar na rúa.

Dende Amicos animan a todos os nenos e nenas e as súas familias a compartir estes obradoiros de
arte reciclada para coñecer máis de cerca todas as actividades que se levan a cabo na asociación,
como os diferentes proxectos medioambientais que a entidade leva un tempo desenvolvendo.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.