Adxudicados os traballos para pavimentar e renovar a auga para consumo e pluvial na rúa Luís Pimentel de Aguiño

22 Agosto 2022

O Concello de Ribeira acaba de adxudicar unha nova actuación destinada á pavimentación e renovación da auga para consumo e pluvial na rúa Luís Pimentel en Aguiño.

De entre as 23 ofertas presentadas a execución da obra recaeu na empresa Excavaciones Nima, S.L., e supón un investimento de 78.347,12 euros.

Conforme ao proxecto técnico elaborado, o que se prevé é substituír os actuais servizos de auga potable e pluviais por outros novos, utilizando por unha parte unha tubaxe de polietileno de alta densidade de 90 milímetros de diámetro e por outra un colector de PVC de 315.

Ademais, toda a calzada será pavimentada cunha mestura bituminosa en quente e o pavimento de beirarrúas e bordos que resulten afectados polas canalizacións serán repostos.

Esta iniciativa está adscrita ao POS+2021. O prazo de duración das obras é de catro meses.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.