“Adolescencia”. Luís Celeiro

25 Agosto 2022

Eran pais daquel neno que lle fervía o sangue antes de cumprir os trece anos, un neno rebelde e que non calaba nunca, menos aínda cando na casa estaba alguén de fóra, un primo, un amigo, a avoa ou calquera das catro ou cinco tías que tiña o pequeno. Un desatino permanente, unha erosión continuada das relacións familiares, un “sen vivir” alongado no tempo e no espazo. Naquel espazo limitado e ruidoso, no que as
impertinencias facían un enorme montón de difícil manexo.
Alí, a aquel espazo reducido chegaron uns amigos coa súa filla de once anos, unha pequena que quería ser moza, a pesar de todo. Os pais da nena, con certa resignación, falaron da adolescencia, ese período da vida humana que, segundo o dicionario da Real Academia Española da Lingua, segue á nenez e precede á xuventude. Que bonito!
Ao marchárense os convidados, o pai do que quedaba na casa súa, foi ao dicionario da Real Academia Galega e alí buscou “adolescencia” e leu: “Período que vai desde os doce anos ata os dezaoito ou vinte, aproximadamente, no cal a persoa experimenta importantes cambios fisiolóxicos e psicolóxicos”. Aquel home falou coa súa dona e os dous, con sonoros saloucos, compadecéronse dos amigos e da súa filla, por todo o que lles quedaba por pasar.
Ao día seguinte, ao ler o xornal atópanse cunha novidade impresionante, “a adolescencia produce cambios que condicionan a vida dos que están nesa fase e a daquelas persoas que os rodean”, é un período de crecemento físico e de cambio cognitivo e psicosocial acelerado que, segundo recolle a Organización Mundial da Saúde (OMS), inflúe en como senten, pensan, toman decisións e interactúan coa súa contorna aquelas persoas que están nel.
Nun estudo científico, “Traxectorias da satisfacción coa vida dos adolescentes”, publicado na revista “Royal Society Open Science”, os autores investigaron entre outros aspectos o da satisfacción coa vida dos adolescentes. Chegaron á conclusión que é menor que a de outras etapas.
Parece indicar, pois, que é necesario orientar as conductas dos adultos para que os adolescentes non sintan rexeitamento social, para que saiban que son parte importante da sociedade na actualidade e a súa presencia, imprescindible na sociedade do futuro inmediato.
O benestar, como di a Tía Manuela, promove cambios e non pode ter máis límites que o do respecto aos outros homes e mulleres, nenos, adolescentes, mozos e vellos.

Outros artigos

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

+

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...

+

“Primeiro o amor, despois ciencia” – Antón Luaces

A frase corresponde a Antoni Gaudí, arquitecto catalá responsable do deseño da basílica barcelonesa da Sagrada Familia, cuxa torre de Xesús Cristo bendiciu a pasada noite o papa León XIV, en presencia dos Reis de España e a maior parte do Goberno e o da comunidade...

+

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...