Accidente de moto en Lousame

22 Agosto 2022

Unha saída de vía deixou un motorista ferido na tarde de onte. O accidente tivo lugar na parroquia de Tállara, en Lousame, arredor das 19:30 horas. O implicado tivo que ser trasladado ao centro sanitario de referencia.

Un particular comunicou ao 112 que unha moto se saíra da vía e fora bater contra unha árbore situada na marxe. Deuse aviso aos servizos sanitarios, que atenderon ao accidentado na ambulancia e trasladárono ao centro hospitalario. Colaboraron os Bombeiros de Boiro e o GES de Noia.

Tamén participaron efectivos da Garda Civil de Tráfico. Non foi necesaria a intervención dos servizos de mantemento da estrada.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...