A Deputación da Coruña subvenciona con máis de 931.000 euros a 202 entidades sen fins de luccro

17 Agosto 2022

A Deputación da Coruña subvenciona con 931.362,39 euros a 202 entidades sen fins de lucro de toda a provincia para a realización de actividades culturais durante 2022. A contía das axudas vai desde os 1.500 euros ata os 25.000. Propostas educativas para promover o bo trato e previr a violencia sexual na infancia, festivais de música tradicional ou obradoiros de arte, ciencia e convivencia en galego están entre os proxectos seleccionados.

Entre as asociacións beneficiarias da partida orzamentaria do departamento de Cultura atópanse a Asociación Profesional de Artistas de Galicia, a Academia Galega de Teatro, Amigos dos Museos de Galicia, anpas dos centros de ensinos de toda a provincia, a Asociación Cultural Naufraxios Galegos, a Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra ou a Asociación ONG de Cooperación para o Desenvolvemento Galega de Reporteiros Solidarios.

O responsábel provincial de Cultura, Xurxo Couto, salientou a importancia de reforzar o tecido cultural asociativo, “tan relevante para seguir transmitindo e dinamizando, sobre todo entre a xente nova”.

A resolución e a listaxe de entidades que recibirán as achegas recóllense no BOP do 12 de agosto e tamén poden consultarse e descargarse en liña.

O deputado Xurxo Couto

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.