Unha persoa faleceu e outra resultou ferida a causa dun choque dunha embarcación de recreo contra unha batea na Illa de Arousa

23 Xullo 2022

Unha persoa de 60 anos perdeu a vida e outra resultou ferida tras chocar a lancha motora na que navegaban contra unha batea na Illa de Arousa. En total, cinco persoas estaban a bordo da embarcación no momento dos feitos.

Ocorreu moi preto das 14:00 horas de hoxe na Illa de Arousa, tal e como relatou un dos tripulantes que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda.

De inmediato, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE 112 Galicia) puxo en marcha un operativo que contou coa intervención do Servizo de Gardacostas de Galicia e dos membros de Salvamento Marítimo. Segundo a información facilitada ao 112 polos equipos de emerxencia, as persoas recibiron axuda doutras embarcacións particulares que se atopaban na zona.

Así, a lancha foi remolcada ata o peirao de Xufre. Alí agardaba un dispositivo formado por axentes da Policía Local, efectivos de Protección Civil de Cambados e profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que pouco tempo despois confirmaron o falecemento dun dos tripulantes do barco sinistrado.

O ocupante ferido tivo que ser trasladado polo helicóptero Pesca 1 de Gardacostas de Galicia ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.