Un home falece en Muros tras ser rescatado da auga inconsciente

10 Xullo 2022

Un home apareceu inconsciente e flotando na auga na Praia de Somorto, en Muros.

As manobras de reanimación non foron abondo para recuperar ao señor, que finalmente faleceu.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o suceso produciuse pouco antes das cinco desta tarde nun areal do concello de Muros, desde onde chamou ao 112 Galicia unha persoa particular que viu como o señor que flotaba na auga era rescatado. Xa en terra comezaron a practicarlle as manobras de reanimación, e Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mesmo enviou un equipo a bordo do helicóptero medicalizado, pero nada se puido facer para salvarlle a vida.

Coa aeronave pousada no mesmo areal, as manobras de reanimación do equipo médico finalizaron sen éxito, e o señor faleceu finalmente, dixeron, posiblemente a causa dun afogamento.

Ademais dos sanitarios, ao lugar dos feitos acudiron os membros do GES de Muros e os axentes da Policía Local e Garda Civil tras ser avisados a través do 112 Galicia.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...