“Rosas no mar”. Antón Luaces

17 Xullo 2022

Foi un día de emocións, como acontece cada ano o 16 de xullo, festividade da Virxe do Carme.  Foi, tamén coma cada ano, o día no que a xente de mar pon na súa vida ese anaco de ser distinto cando menos durante unhas horas, as que non se viven a bordo. Porque no barco, a patroa do mar, a Virxe do Carme, significa moito máis ca unha imaxe, un respecto,  un xeito de vida no que nada pinta o chaleque ou a balsa  salvavidas, o traxe de sobrevivencia, etc. A Virxe do Carme é todo isto xunto e moito máis. E o/a mariñeiro/a sábeo ben, porque  experimenta en carne propia as consecuencias  do crer ou non crer. É a patroa do mar ese derradeiro elo da cadea ao que cada quen se suxeita para aguantar con ben os embates das ondas que van e veñen.

Nos pobos, vilas ou cidades, as igrexas vestiron onte as súas millores galas para recibir á Raíña dos Mares, e os crentes  -ou non- sentiron un ano máis a emoción de lle cantar á Nai do Divino Amor esa Salve Mariñeira que a todos emociona, que a todos acubilla para facer de cada quen o máis fervente admirador moito máis aló do que pode ser un sentimento relixioso. O mariñeiro e a Virxe do Carme, nun “detente” que induce a sentir e crer: “… Salve, Salve, Estrela dos Mares; Salve Estrela dos Mares… dos mares iris de eterna ventura”….

No mar sempre haberá unha rosa, un caravel, que lembre a quen ese ou outro mar se levou físicamente e que vai permanecer de xeito perenne na memoria dos que, dun ou doutro xeito, o quixeron-

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.