Ribeira rende homenaxe aos irmáns Martínez Rodríguez e á memoria imborrábel de Talleres El Nervión

29 Xullo 2022

Ribeira rendeu este venres 29 de xullo unha sentida e multitudinaria homenaxe aos irmáns Martínez Rodríguez, responsábeis da empresa Talleres El Nervión e, en palabras do Concello, figuras determinantes parara “o florecemento industrial e económico da cidade no século pasado”. A homenaxe celebrouse no salón de plenos do Consistorio e no centro urbano de Ribeira, onde se inaugurou a rúa que leva o nome da empresa no emprazamento onde antigamente se levantaba unha das súas factorías. Nos actos, presididos polo alcalde Manuel Ruiz, participaron os membros da Corporación (que aprobou a homenaxe en acordo plenario por unanimidade, en decembro de 2020), veciños, asociacións locais e familiares dos históricos empresarios.

O acto constou de dúas partes, a primeira das cales desenvolveuse baixo teito nun abarrotado salón de plenos do Consistorio local. Alí, tras as palabras de benvida da concelleira de Cultura María Sampedro e da proxección dun vídeo de 5 minutos que resume a historia da compañía (vídeo descargábel da Rede) tivo lugar a entrega de diplomas e metopas conmemorativas ás familias descendentes dos Martínez Rodríguez (eran trece irmáns en total, nove homes e catro mulleres).

Alí, tamén tomou a palabra Manuel Reiriz Dios, quen agradeceu á Corporación ter aprobado por unanimidade unha proposta que partiu do Centro Recreativo de Artes, contando co respaldo de preto de sesenta asociacións. Reiriz Dios manifestou que “ademais de ser hoxe un día moi especial para a familia tamén o é para os obreiros, e recordou que “grazas a El Nervión moitos veciños que non tiñan ningunha clase de seguridade social e que eran labradores ou mariñeiros sen enrolar puideron recibir a súa pensión”.

Acto seguido, Manuel Ruiz declarou que aínda que é unha decisión unánime da Corporación, “case diría que é unha decisión unánime do pobo de Ribeira” e significou o orgullo por parte dos que representan a función pública daquilo que os irmáns Martínez Rodríguez foron capaces de facer a prol do desenvolvemento da cidade.

Exposición

A continuación os presentes desprazáronse ata a céntrica praza Uxío Novoneyra, lugar que está acoller unha exposición ao aire libre sobre a traxectoria da empresa, a moi poucos metros da rúa denominada “HMR Talleres El Nervión”. Neste punto tamén houbo novas intervencións: Lorenzo Martínez falou no nome da familia para agradecer este recoñecemento e fixo un pequeno resumo de como o pequeno taller foi crecendo ata converterse nun referente na fabricación de motores diésel para as embarcacións.

Pechou o acto Manuel Ruiz, quen lembrou as distintas homenaxes que ao longo desta última década vén realizando o Concello a moitas persoas e entidades que por un ou outro mérito contribúen ao engrandecemento de Ribeira, como FRINSA, Álex Vidal, Ana Peleteiro, María Vilas, Enrique Paisal, Manuel Ayaso ou Santos Oujo, entre outros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.