Alerta na nosa costa: as candorcas provocan danos en dous veleiros – Candorcas preto de Corrubedo

Unhas candorcas (orcas) atacaron este luns a dous veleiros que navegaban a seis millas ao oeste de Corrubedo. Unha destas embarcacións, con tres tripulantes a bordo tivo que ser remolcada ata o porto de Muros.
Segundo fontes de Salvamento Marítimo, sobre as 19,45 horas da tarde, o veleiro Ormelune deu a chamada de alerta ao centro de Fisterra por unha interacción cunhas candorcas que lle provocaba problemas co temón.
Outro veleiro, o Moana, daba un segundo aviso sobre as 21,05 horas de que perdera dous temóns polo mesmo motivo e na mesma zona cando se dirixía cara ao Porto. Salvamento Marítimo só tivo que mobilizar a Salvamar Régulus para remolcar ao veleiro Ormelune ata Muros.