“Obxectivo: frear a medida comunitaria que leva ao sector pesqueiro á ruína”- Antón Luaces

04 Xullo 2022

Para o sector pesqueiro español o actual é un dos peores momentos emanados do Consello de Pesca desde a creación do mesmo: o peche de 94 caladoiros de pesca comunitario, o que xera que nove de cada dez barcos gransoleiros (80 galegos e 18 vascos) quedarían sen caladoiros .

Porque unha boa parte deses 94 caladoiros de pesca comunitarios que a devandita CE pretende pechar están na zona dos cantís na que, acotío, pescan tanto os barcos de artes fixas como os palangreiros e volanteiros. Un feito que se traduce nun ”mazazo” para a maioría das organizacións pesqueiras dos Estados membros da UE.

Deste xeito, a maiorías das zonas quedarán vedadas ao acceso ás mesmas e, amais, van producirse problemas de cohabitación para os arrastreiros a consecuencia dos peches porque os arrastreiros terían que ir a outras zonas nas que coincidirían con artes en moitos casos incompatibles.

A excepcionalidade da votación no seo da Comisión de Pesca da Unión Europea permite un mínimo de confianza sobre a decisión que finalmente adopte o organismo pesqueiro comunitario. Aínda está todo por decidir, o que é tanto como pensar que esa decisión “está no aire”. Porque a Comisión Europea só pode aplicar tal acordo se o fai de xeito unilateral, o que resulta sumamente difícil ao non existir maioría cualificada. Tamén se pode tramitar novamente e presentar diante dos países para unha nova votación.

O peche desa zona de pesca abrangue desde o Norte de Irlanda ata as costas de Portugal, cuestión esta que fixo que , por exemplo, as organizacións pesqueiras francesas se opuxeran rotundamente, o mesmo que aconteceu en organizacións de Ámbito europeo como Europêche ou Cepesca, por non citar á Federación Nacional de Confrarías de Pescadores tendo en conta, amais, que a decisión comunitaria de peche aínda contando co voto favorable de Francia non dispón da asunción deste voto por parte dos mariñeiros galos.

Nas previsións do ministerio español de Agricultura, Pesca e Alimentación, no caso de seguir avante a proposta da CE, nove de cada dez buques gransoleiros (80 galegos e 19 do País Vasco) quedarían sen caladoiro. A decisión deste peche partiu da DG Mare da UE, en concreto da responsable deste departamento, Charlina Vitcheva, que o pasado mes advertiu aos países de tal medida, instándoos á súa aprobación, e dando a coñecer que a intención da CE era pechar esas áreas para protexer os ecosistemas mariños vulnerables. As zonas sinaladas contan co beneplácito do Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES), cuxas avaliacións están baseadas en datos que atinxen a todo o Atlántico e, en concreto, á frota de arrastre, malia que ese peche afectaría ao 70% das capturas destas frotas.

A decisión causaría un forte impacto en todos os portos galegos, pero dun xeito moi especial nos de Vigo, A Coruña, Celeiro, Burela e Ribeira. Por este motivo, a Xunta e as asociación da frota asinarán estes días un manifesto en defensa da actividade extractiva.

Polo de agora, a polémica medida mantense “conxelada”. A última votación do Consello non acadou a maioría cualificada necesaria para ser considerada favorable ou contraria ao texto, feito extremadamente raro nos procedementos lexislativos.

Este luns van celebrarse distintas reunións telemáticas nas que tentar frear unha medida que, para a directora xeral de Asuntos Marítimo e Pesca na Comisión, a xa citada Charlina Vitcheva, é de “impacto económico limitado”, opinión que non comparte o sector pesqueiro e que deixan en evidencia as cifras.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.