O Sergas notifica outras 16 mortes en tres días, mentres os ingresados con covid seguen en descenso

16 Xullo 2022

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 12.840 deles 2.630 son da área da Coruña, 1.918 da de Lugo, 1.907 da de Ourense, 1.323 da de Pontevedra, 1.757 da área de Vigo, 2.159 da de Santiago–Barbanza e 1.114 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 30 están en UCI, 751en unidades de hospitalización e 12.059 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 648.051 persoas curadas, rexistrándose 3.743 falecementos. 

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 13 de xullo:

Muller de 89 anos, na área sanitaria de Lugo, a Mariña e Monforte de Lemos.

Muller de 79 anos, na área sanitaria de Vigo.

Día 14 de xullo:

Muller de 80 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Home de 90 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza.

Muller de 88 anos, na área sanitaria de Lugo, a Mariña e Monforte de Lemos.

Muller de 93 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Home de 76 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Muller de 91 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Home de 86 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Home de 89 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Home de 96 anos, na área sanitaria de Lugo, a Mariña e Monforte de Lemos.

Home de 79 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Muller de 97 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Día 15 de xullo:

Home de 77 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Home de 76 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Muller de 73 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.951.002.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.705.407

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e 881 54 00 45 para información covid

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.