O SERGAS confirma ao Concello de Ribeira a vontade de dar continuidade ao Centro de Saúde de Palmeira

07 Xullo 2022

O alcalde ribeirense Manuel Ruiz mantivo no mediodía deste 7 de xullo unha xuntanza en Santiago coa xerente da Área Sanitaria de Santiago-Barbanza do SERGAS, Eloíña Núñez, e coas subdirectoras de Atención Primaria e Enfermaría. O motivo da xuntanza era recadar información sobre o déficit de persoal de atención primaria que están a sufrir algúns centros de saúde do municipio.

Na reunión trasladóuselle de forma rotunda ao alcalde que o SERGAS “non vai pechar o Centro de Saúde de Palmeira”, unha dependencia na que nestes momentos seguen cubertas as prazas de enfermaría e de PSX (persoal de servizos xerais) e na que, sinalaron as representantes da Xunta, “os problemas que está rexistrando derivan dunha baixa de longa da duración do seu médico”.

Normalidade en setembro

A este último respecto, comunicaron ao rexedor que “existe a previsión de que este facultativo se poida reincorporar no último trimestre do presente ano.” Mentres tanto, e ata setembro, sinalaron, “estase tentando resolver o problema case día a día, estando cuberto xa, malia comezo da tempada vacacional, practicamente todo o mes de xullo”. En todo caso, engadiron, “a previsión é que no mes de setembro o servizo de atención poida funcionar con certa normalidade”.

No que respecta ao Centro de Saúde de Ribeira, aseguróuselle a Manuel Ruiz que “o servizo vai mellorar substancialmente coa próxima incorporación de novo persoal sanitario”.

O alcalde tivo ocasión de trasladar ao conselleiro de Sanidade da Xunta, Julio García Comesaña, todos os puntos tratados nesta reunión.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...