O paseo das Carolinas de Ribeira estrea 16 novos bancos

28 Xullo 2022

O paseo das Carolinas conta xa con novo mobiliario urbano. Segundo informou o Concello, os operarios municipais estiveron a instalar entre este 27 e o 28 de xullo novos equipamentos na dita contorna recentemente remodelada: concretamente, foron colocados un total de 16 bancos elaborados en formigón e madeira coa fin de facilitar o descanso dos viandantes.

Ao fío disto, o Concello salientou que “aínda que remataron as obras de remodelación está pendente que a empresa adxudicataria leve a cabo diversas correccións en certas zonas do formigón impreso do pavimento”.

Outros artigos

Ribeira celebrará este domingo 25 de febreiro o seu Xantar de Maiores

O Concello de Ribeira celebra este domingo o Encontro das Persoas Maiores no Pavillón da Fieiteira. Espérase dar acollida a máis de 870 persoas maiores de 55 anos ou xubiladas. O evento comezará ás 12:00 horas coa celebración relixiosa na Igraxa Parroquial de Santa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

Pensamos, pensé, en la belleza de los ojos, hasta que un día cerca de casa, una pared me decía, ¡No, no son los ojos, son las miradas! Pensando en ello, cuánta razón, no son los ojos son las miradas, podemos ver en la película Los puentes de Madison, interpretada por...