O Lustres Rivas de Ribeira mostra até finais de mes unha nova mostra pictórica de Soky Díaz

02 Xullo 2022

O Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira acolle até o 30 de xullo unha nova exposición pictórica: unha retrospectiva de Soky Díaz, artista que recala por segunda vez no municipio tras unha primeira mostra celebrada fai case dúas décadas.

A exposición inaugurada este venres 1 de xullo polo concelleiro Ramón Doval (tamén estivo presente o seu compañeiro de goberno Emilio Pérez) recolle a través de case trinta obras a temática principal da artista así como a súa evolución creativa “cara a unha inesgotábel busca da beleza”, informaron fontes do Concello, engadindo que “quen se achegue ao Lustres Rivas poderá mergullarse en paisaxes nos que a cor e a luz cobra protagonismo, mariñas coa mirada posta no Atlántico, bodegóns que irradian serenidade ou retratos preñados de intimismo e forza expresiva”.

O edil Ramón Doval (quen explicou que esta é unha das primeiras accións da Fiestra da Cultura de Ribeira) destacou “a forza colorista da paleta e a liberdade das pinceladas de Soky”, quen pasou os seus primeiros dezasete anos no Rosal (Pontevedra), onde naceu o seu interese pola pintura e a creación.

No nome da artista tomou a palabra a súa filla, Pilar, quen recordou que esta exposición estaba programada para 2020 (a pandemia obrigou a postergala) e significou a cor, enerxía, harmonía, musicalidade e luz que desbordan os lenzos que forman parte da mostra.

A exposición poderá visitarse de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 horas.

Outros artigos

Barbanza Arousa recibe as primeiras adhesións ao SICTED

A Mancomunidade Barbanza Arousa, en consonancia coa súa estratexia de colaboración público-privada, continúa este ano coa implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino, SICTED, entre os axentes turísticos do territorio. Nesta ocasión, a primeira...

+

O Concello de Ribeira mantén unha reunión coa veciñanza de Oleiros

O equipo do Goberno municipal de Ribeira mantivo unha reunión coa veciñanza da parroquia de Oleiros co propósito de informar das actuacións que o Consistorio está a levar a cabo na parroquia e para recoller todas as inquedanzas que ten a veciñanza en diferentes eidos....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Celebrando a  Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía e o seu día celebramos o que nos une, o que nos representa e o que nos move. Poucas figuras concitan ó seu redor a unanimidade que convoca Rosalía. E iso en boa medida porque ela soubo tocar as cordas, unha a unha, aínda que fose de distinto...