O Concello Lousame inicia as obras de mellora do viario de Fruíme á Escabia, orzamentadas en case 120.000 euros

27 Xullo 2022

O Concello de Lousame vén de iniciar as obras de mellora do trazado do viario entre Fruíme e A Escabia, adxudicadas por 119.998,30 euros á empresa Nemesio Ordóñez SA e que teñen un prazo máximo de execución de seis meses. Trátase, segundo apuntan fontes do Consistorio, “dunha actuación que supón culminar un proceso iniciado en novembro de 2018, cando un forte temporal causou un corremento de terras que levou consigo parte do tramo desta estrada”.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, destacou que “finalmente podemos dar solución a unha obra moi complicada pois tivemos que encargar un estudo xeolóxico da zona sobre o que poder facer este proxecto de obras para así arranxar a vía e evitar que se produzan corrementos de terras no futuro”. Así, os traballos comezaron hai un par de semanas coa construción dun muro de 100 metros de lonxitude con pedras de granito, cunha cimentación e recheo de material filtrante para a contención de terras.

Amais, a rexedora explicou que para evitar o problema das augas pluviais, farase unha canalización de 170 metros de longo con 6 arquetas de formigón con reixa. A maiores, mellorarase a seguridade dos peóns na zona coa construción de 260 metros de cuneta de seguridade revestida de formigón de 15 centímetros de altura e 1 metro de ancho, “xa que o lugar non dispón de beiravías”.

A maiores, os traballos inclúen a reparación dos 2.350 m2 desta estrada con vinte centímetros de saburra artificial, quince de grava e rego de penetración, previos ao aglomerado en quente de toda a plataforma de cinco centímetros. Ademais de repoñer a sinalización horizontal, colocarase unha barreira de seguridade de 300 metros de lonxitude.

Próximas actuacións

Amais de todo o devandito, Teresa Villaverde adiantou que nos vindeiras días darán comezo tamén os traballos de mellora de dous treitos do camiño entre as localidades de Quintáns, Horta e Cairo, na parroquia de Lesende. “É unha actuación en aglomerado coa que imos mellorando pouco a pouco esta estrada, ata chegar a Lesende”, indica a alcaldesa de Lousame.

Os traballos contemplan a reparación de fochancas en dous treitos de estrada, de 310 e 710 metros, así como a execución de 125 m2 de sobreanchos. Finalmente, mellorarase a capa de rodaxe con seis centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma. Unha obra adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez SA por 50.200,61 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lisboa, luz cosmopolita”. Alberto Barciela

“Lisboa, luz cosmopolita”. Alberto Barciela

En apariencia, lo único que vemos de la ciudad es lo que la ciudad nos muestra. Lisboa es traslúcida, se da toda en su generosa actitud para quien se predispone a admirarla, para los que abren sus brazos con el fin de abarcar un pequeño pleno universo cosmopolita,...