O Concello de Rianxo achega á mocidade local un Campamento Tecnolóxico de verán

01 Xullo 2022

O programa de actividades xuvenís de lecer do Concello de Rianxo, impulsado dende o Servizo de Xuventude, abrangue este ano unha proposta para fomentar e impulsar a canteira local de tecnólogas e tecnológos. Falamos do Campamento Tecnolóxico que se celebra do 1 ao 11 de agosto na Aula de Informática do Concello. Trátase, segundo informou Xuventude de Rianxo, “de accións formativas de marcado carácter creativo orientadas a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos”. O número de participantes será de 16.

A finalidade destes obradoiros é “favorecer un uso práctico, creativo pero tamén crítico da tecnoloxía, á vez que igualitario, nos que haxa unha participación equitativa entre nenos e nenas, rachando con estereotipos de xénero”, explicaron fontes do Concello.

Algúns dos contidos a desenvolver serán os que citamos deseguido:

-Deseño de personaxes de videoxogos, xogando cos píxeles.

-Uso de programas en 2D para videoxogos.

–Gamers por un día.

-Creatividade (arte e música) con circuítos electrónicos.

-Programación e mundo hacker.

-Arduino e robótica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.