Novas tecnolóxicas de Código Cero, 17 de xullo de 2022

17 Xullo 2022
O Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia ten en execución 30 millóns de euros
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, presentou hoxe o Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia, que xa ten en execución 30 millóns de euros e aspira a multiplicar por cinco este investimento, ata os 150 millóns de euros, se obtén fondos europeos.[ler máis]InnovaClub afrontará dende a Cidade das TIC os grandes retos empresariais da nosa terra
Este venres 15 de xullo presentouse na Coruña unha iniciativa de gran relevancia para os obxectivos de converter a nosa terra nun polo de coñecemento e desenvolvemento tecnolóxico-dixital. Estamos a falar do InnovaClub, unha entidade colaborativa de innovación aberta que terá a súa sede na Cidade das TIC (a antiga Fábrica de Armas da Coruña agora en proceso de reconversión). O club foi dado a coñecer polo reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso, a directora do Campus Innova, Susana Ladra González e o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral. O proxecto vén da man do Campus Innova da UDC e o Clúster TIC, precisamente.[ler máis]Halo Infinite proba o seu modo cooperativo
O xogo Halo Infinite continúa a progresar, xa que a súa ambición fixo que non puidese contar con todos os seus modos de xogo de lanzamento, e agora bota a andar a fase de proba do seu modo cooperativo, que até o 1 de agosto estará dispoñible para usuarios de Xbox que mercasen a campaña do xogo ou que teñan Game Pass, mentres que no caso dos xogadores para PC a través de Steam é preciso ter recibido unha invitación para poder participar nestas probas.[ler máis]










 
· O casco de realidade aumentada Magic Leap 2 verá a luz en setembro
· A semana que vén iniciarán as audiencias previas ao xuízo de Twitter contra Elon Musk
· Unha ferramenta desenvolvida no CiTIUS, premiada no congreso CIRCLE 2022 de Toulouse
· Apple Music inicia a publicación de directos con audio espacial
· ChromeOS Flex xa está dispoñible oficialmente
· A Xunta habilita un chat bot para facilitar a comunicación da presenza de niños de velutinas
· Trinta empresas innovadoras van poder internacionalizar os seus produtos coa axuda de Galicia Avanza
· O novo BiciCoruña suma preto de 1.200 altas dende a activación da web e a app do servizo
· Instagram potencia as subscricións de pagamento

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.