Inaugúrase este venres o renovado auditorio da Casa de Rosalía en Padrón

14 Xullo 2022

Xa está todo listo para que este venres se abra ao público e quede inaugrado o renovado auditorio da Casa de Rosalía en Padrón. E que vai ser o primeiro dos moitos actos e citas que van ter lugar na vila natal da poeta durante toda esta fin d

De feito, e case coincidindo coa data na que se conmemora o falecemento da escritora o 15 de xullo de 1885, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, visitaba este xoves a casa-museo onde comprobou o resultado da rehabilitación do seu auditorio no que a Xunta destinou 100.000 euros ao abeiro dun convenio de colaboración asinado coa Fundación Rosalía de Castro.

A reforma do edifício permitiu aumentar a capacidade do espazo, para o que se realizou unha readecuación completa do interior do auditorio. Introducíronse melloras que teñen que ver co confort térmico da sala, illamento, calefacción e ventilación de acordo ás novas demandas e normativas. Tamén se realizaron adaptacións de mellora do confort acústico en tanto se trata dun lugar cunha demanda continua para os usos musicais e de comunicación oral e audiovisual.

e semana. Programa co que se vai pechar a conmemoración do 50 aniversario desde que abrira a súas portas esta casa-museo adicada a Rosalía de Castro e que coincide coa data do seu falecemento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.