Galicia rexistra un total de 13.743 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 13.743 deles 2.720 son da área da Coruña, 2.085 da de Lugo, 2.036 da de Ourense, 1.401 da de Pontevedra, 1.976 da área de Vigo, 2.300 da de Santiago e 1.201 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 29 están en UCI, 910 en unidades de hospitalización e 12.804 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 644.637 persoas curadas, rexistrándose 3.703 falecementos. 

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 9 de xullo:

Home de 86 anos, área sanitaria da Coruña e Cee.

Home de 86 anos, área sanitaria da Coruña e Cee.

Home de 85 anos, área sanitaria de Vigo.

Día 11 de xullo:

Muller de 89 anos, área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Muller de 88 anos, área sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Muller de 94 anos, área sanitaria de Vigo.

Muller de 90 anos, área sanitaria de Vigo.

Home de 77 anos, área sanitaria de Vigo.

Home de 89 anos, área sanitaria de Santiago e Barbanza.

Home de 85 anos, área sanitaria de Santiago e Barbanza.

Muller de 74 anos, área sanitaria de Santiago e Barbanza.

Muller de 70 anos, área sanitaria de Santiago e Barbanza.

Home de 67 anos, área sanitaria da Coruña e Cee.

Home de 85 anos, área sanitaria da Coruña e Cee.

As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.947.721.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.703.602.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.