Activistas que ocuparon a illa da Creba, en Esteiro, recaban probas de ilegalidades urbanísticas e ambientais

10 Xullo 2022

O grupo de activistas organizados na Plataforma pola recuperación da Illa da Creba, que na mañá de onte, sábado 9 de xullo, tomaron a illa reclamando a súa devolución ao pobo galego, vén de informar que recabaron probas, a través de fotografías e vídeo, de ilegalidades que se están a acometer na illa.

“Desde a repoboación forestal con árbores non autóctonas, mesmo con algunhas especies invasivas, a pavimentación ilegal na liña de costa, co  levantamento de valados de cemento na mesma, pasando polo mantemento da construción do dique de abrigo, que ten unha sentenza firme de derrubo que non foi executada, até as propias construcións de instalacións hoteleiras e anexos ás mesmas, e moitas máis” explicou Rodrigo Molinos, “Bolato”, voceiro da Plataforma.  

Bolato salientou que “ao grave feito de que a illa fose privatizada súmaselle agora a impunidade coa que os actuais propietarios están actuando, ao marxe completamente da lei, especulando e danando o ecosistema da illa, coa conivencia tanto do goberno do Estado como da Xunta” explicou.

Desta maneira, informan de que veñen de pór fin á ocupación simbólica iniciada no día de onte coa intención de pór en coñecemento das autoridades e denunciar publicamente todas as irregularidades detectadas. “Faremos todo o que estea na nosa man para frear esta desfeita” sentenciou Bolato.

Desde a Plataforma queren agradecer a participación da veciñanza de Esteiro que se achegou até a illa en diferentes embarcacións para sumarse a esta xusta reivindicación. “Con esta ocupación simbólica conseguimos pór o foco sobre a inxustiza que se está a acometer na Creba e que hoxe moitas máis  galegas e galegos coñezan o que aquí acontece. É un importante chanzo nesta loita de décadas para lograr que A Creba volte a ser pública para desfrute de todas as veciñas e veciños de Esteiro e do pobo galego en xeral. Seguimos na loita” concluíu Bolato.

Outros artigos

A Marea de Noia require unha inspección da ETAP

O voceiro da Marea de Noia, Manolo Seijas, presentou un escrito ante a inspección de sanidade sobre a auga municipal no que require ao dito departamento unha análise exhaustiva da ETAP (Estación Tratamento de Auga Potábel) para verificar o estado da mesma e do...

+

I Concurso Infantil de Debuxo ApiBarbanza – 2024

A delegación de AGA, asociación Galega de Apicultores, no seu Delegacion do BARBANZA SALNES convoca I Concurso Infantil de Debuxo Apícola co fin de involucrar e concienciar aos nenos sobre o valor da abella como axente polinizador e na conservación do medio...

+

Todo preparado para a Semana Santa na ría da Estrela

Na ría da Estrela (ría de Muros e Noia) prepararon estes días até os máis miúdos detalles para recibir aos visitantes de Semana Santa. "Aqueles que buscan historia, contorna, gastronomía, atoparano neste roteiro que axunta os concellos de Lousame, Muros, Noia, Porto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...