En Rianxo Titiriberia despide a súa sétima edición mañá domingo da man deT íteres Alakrán, Fantoches Baj e A Cova das Letras

30 Xullo 2022

O Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, festival de títeres tradicionais, organizado pola asociación Morreu o Demo coa colaboración do Concello de Rianxo, da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia, despide mañá domingo 31 de xullo cun programa de tres obras de compañías galegas: Títeres Alakrán, Fantoches Baj e A Cova das Letras.
A actividade comezará ás 13.00 h. na Praia da Torre da man de Fantoches Baj, compañía que representará Novos lobos, espectáculo que mestura os monicreques coa narración oral para achegarse o tema do xénero dende o prisma das novas masculinidades. A partir de contos da literatura popular, deconstrúense as historias tradicionais para as adaptar a esta nova ollada, nunha tentativa de ofrecer ferramentas conceptuais que axuden a prever a violencia de xénero.
A praia de Tanxil recibirá ás 18.30 horas o espectáculo Procúra-se Pepa a Loba, da compañía A Cova das Letras. Neste contacontos interactivo, Cris Collazo actúa, narra e manipula títeres e obxectos para nos introducir na historia dunha muller á que todo o mundo procura polo seu tesouro. A danza e a música intégranse nesta historia de mulleres poderosas con aires de western e ambientada na taberna da protagonista.
Títeres Alakrán encargarase de lle poñer o ramo á programación desta sétima edición do Titiriberia cunha función que terá lugar no Centro Cultural Vidal de Leiro ás 21.00 horas. A compañía galega representará Barriga Verde ataca de novo, un espectáculo de cachaporra tradicional, inspirado nas rutinas que facía a familia Silvent na súa famosa barraca a principios do século XX no que se adapta e se atrae o famoso personaxe da tradición galega ao mundo actual. Tras a representación, celebrarase a o último encontro postfunción co público.
30 compañías e artistas
O Festival Titiriberia na súa sétima edición trouxo a Rianxo a máis de trinta compañías, formacións e artistas do teatro de títeres tradicionais para ofrecer os seus espectáculos, participar nas mesas redondas, impartir os cursos de formación a profesionais ou acompañar a cativada nos obradoiros de construción de bonecos que se insiren no programa dos Campamentos de conciliación do Concello de Rianxo. Este ano, o encontro rianxeiro recuperou tras dous anos de crise sanitaria a súa dimensión internacional ao contar coa participación de artistas e investigadoras procedentes de México, Italia e Portugal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Adivinado la profesión”. Manuel Dominguez

“Adivinado la profesión”. Manuel Dominguez

Cierto día un residente y yo nos trasladamos a la capital del imperio, es decir Madrid. Un placentero viaje en tren Al acercarnos a Castilla un hermoso manto de oro embellecía el paisaje, es decir campos de trigo, que tocaban el cielo, hermoso paisaje. Mas allá, me...

“Recado de escribir para Álvaro Mutis”. Alberto Barciela

“Recado de escribir para Álvaro Mutis”. Alberto Barciela

Hasta Cartagena de Indias llegaremos para “entregar ciertos mensajes, disolver ciertas frágiles certezas y dejarnos en el desamparo de inconfesables perplejidades”. Ojalá nuestras palabras, los abrazos en el reencuentro fraternal nos permitan, como la insistente...