O PP de G critica ao BNG por “utilizar electoralmente” cada catro anos a illa da Creba en Muros

06 Xullo 2022

O Partido Popular, a través da voceira de Medio Ambiente, Marisol Díaz Mouteira, criticou ao BNG por “utilizar electoralmente cada catro anos a illa da Creba en Muros, unha propiedade privada inscrita no Rexistro da Propiedade e que non presenta valores naturais que xustifiquen a súa expropiación”. E engadiu:; “Non se entende o dobre criterio do BNG con respecto ás illas: na Creba pide que o privado sexa público, mentres que nas illas de Ons piden que as concesións sexan privadas”, apuntou.

Díaz Mouteira lembrou que a illa da Creba “sempre foi da familia Canay e o actual propietario mercouna en 1966, coa conseguinte inscrición no Rexistro da Propiedade”. Deste xeito, afirmou que “ninguén debería dubidar da titularidade privada desta illa, salvo a zona circundante máis externa, que é igualmente privada pero está sometida á servidume marítimo terrestre prevista na lexislación vixente”

Lembramos que o BNG defendeu no Parlamento galego unha proposición non de lei que insta á Xunta a iniciar o correspondente procedemento para que a illa da Creba, situada na ría de Muros-Noia, volva á titularidade pública da Administración galega, así como “a que elabore de inmediato un informe de todas as obras, actuacións e actividades que se levaron a cabo e se seguen desenvolvendo na illa por parte da actual propiedade particular e comprobar se as mesmas conta con todos os permisos e autorizacións obrigatorias”. De igual xeito, o Bloque avogou por que o Executivo galego realice “todos os estudos necesarios relativos aos valores medioambientais da illa e dos fondos mariños que permitan valorar a súa cualificación como espazo protexido, segundo a lexislación vixente”.

Rosana Pérez apelou ao acordo unánime adoptado na propia Cámara galega en 2007 para restituír a titularidade pública da illa da Creba e advertiu que “despois de 15 anos da súa aprobación, non só non temos avanzado, senón que obras de todo tipo continúan a levarse a cabo na illa sen que se saiba baixo que paraugas legal”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.