Coroso xa loce as dúas bandeiras (azul e verde) que recoñecen a calidade da praia, dos seus servizos e do seu paseo

08 Xullo 2022

A praia de Coroso (Ribeira) acolleu este mediodía o izado dos dous distintivos que este ano a Asociación ADEAC concedeu ao Concello de Ribeira: dun lado a bandeira azul coa que distinguiu este areal e, doutro, o novo galardón sendeiro azul que enxalza as calidades do paseo litoral que vai até a praia de Río Azor. O alcalde Manuel Ruiz e máis o concelleiro de Turismo, Ramón Doval, foron os encargados de subir ambas bandeiras.

Ruiz Rivas recordou “que a bandeira azul será a única que ondeará nos areais de Barbanza porque cada vez é máis difícil cumprir todos os requisitos que require este distintivo”, e lembrou tamén “que Ribeira é o concello de toda a bisbarra que máis socorristas ten, e aínda así estamos practicamente á metade dos que había fai cinco ou seis anos”. Concretamente, dixo, hai 16 socorristas, incluíndo os xefes de praia, e 6 auxiliares terrestres, que velarán dende este 8 de xullo pola seguridade das praias da Ladeira, Vilar e Coroso.

O alcalde aproveitou para comunicar que reiterará ás autoridades competentes “a posibilidade de utilizar medios mecánicos na limpeza de Coroso” xa que, aparte dos lugares nos que tradicionalmente había herba e dan acubillo ao aniñamento da píllara, pódese observar como a vexetación vaise estendendo por toda a praia”. Ruiz Rivas subliñou a este respecto a necesidade de “alcanzar unha entente razoable”, e que se poida compatibilizar a preservación animal co uso deste areal urbano polas persoas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.