BoiroMotos celebra esta fin de semana a concentración moteira 2022

20 Xullo 2022

Boiro acolle esta fin de semana a concentración motera 2022 que organiza BoiroMotos con actividades para todos os públicos. O alcalde, José Ramón Romero, e os membros da organización, José Viturro e Óscar España, participaron esta mañá na presentación do programa.
As actividades comezan o venres día 22 a partir das 18.00 horas con exhibicións no recinto acoutado e pola noite verbena con Tito Maverick. O sábado 23 haberá unha exposición de coches e motos clásicas na praza da Boqueira de A Negral no Parque da Cachada haberá curso de seguridade viaria para nenos e nenas, inchables e adestramentos con coches Radio Control.
Esta concentración é un dos eventos máis importantes do verán en Boiro debido á afluencia de público. O alcalde, José Ramón Romero, convidou a toda a veciñanza a achegarse esta fin de semana e desfrutar do programa de actividades “tanto se vindes en moto como se non xa que hai actividades para todas as idades”.
As actividades xerais son gratuítas, aquelas persoas que desexen inscribirse para as comidas e ceas no recinto poden facelo no propio momento da chegada. O programa completo de actividades e toda a información sobre a Concentración Motera de Boiro 2022 está a disposición das persoas interesadas en www.boiromotos.com.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...