O Concello de Boiro executa obras para a mellora de pavimentos en Loimar, unha actuación enmarcada no Proxecto para a mellora de pavimentos e servizos en Carragueiros, Currillo, Mina e Loimar. As actuacións execútanse con cargo ao Plan Único Concellos (POS 2021) da Deputación da Coruña por
un importe de 148.781,01 euros.
A actuación que se está a executar comprende un tramo de 400 metros de lonxitude cun ancho medio de 4 metros, polo que se pavimenta unha superficie total de 1.600 metros cadrados. O que se pretende é unha rehabilitación superficial mediante a aplicación dunha nova capa de rodadura asfáltica para conservar e mellorar as características funcionais e a protección do conxunto do firme.
O proxecto, ademais desta actuación en Loimar, contempla actuacións Carragueiros, onde se vai realizar a renovación do pavimento dun tramo de 970 metros; en Currillo, onde ademais do pavimentado tamén se vai realizar unha rede separativa de pluviais; e A Mina, onde se divide en dous subtramos comprendidos entre A Mina e Madalena e A Mina e Rosadelas.
A actuación, financiada mediante o Plan Único (POS 2021) do Concello de Boiro busca mellorar a conservación do conxunto do firme e as súas características funcionais.




