Até nove concellos da comarca recibirán 320.000 euros para apoiar os cinco CIM e loitar contra a violencia de xénero

07 Xullo 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a secretaria xeral da Igualdade. Susana López Abella, informaron este xoves 7 de xullo da resolución das axudas a entidades locais que a Xunta de Galicia destinará este ano para fomentar e promocionar a igualdade e previr e tratar a violencia de xénero e para apoiar a conciliación e os Centros de información á Muller. Na comarca do Barbanza esta cifra ascende a algo máis de 320.000 euros para atender as demandas de 9 concellos.

A Coruña O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presentan, en rolda de prensa, os datos correspondentes á resolución das axudas ás entidades locais da provincia para a promoción da Igualdade 07/07/2022 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

Como explicou Susana López Abella o Goberno galego financia actuacións de tres programas: (1) fomento da conciliación; (2) promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero; (3) apoio aos Centros de Información á Muller (CIM)

O primeiro dos programas conta para os concellos da comarca do Barbanza con máis de 87.000 euros cos que se apoian iniciativas de 5 entidades locais para o fomento das medidas de conciliación.

A segunda liña, con 15.000 euros, céntrase na promoción da igualdade e da prevención e tratamento da violencia de xénero no concello da Pobra do Caramiñal. Coa mesma a Xunta financia accións orientadas a previr a violencia de xénero e mellorar a situación persoal, social e laboral das mulleres vítimas, das súas fillas e fillos e das persoas delas dependentes s e doutras mulleres en situación de vulnerabilidade. Estes apoios inclúen medidas de loita contra a explotación sexual, incluída a prostitución.

A terceira liña ten como obxectivo apoiar a rede de centros de información ás mulleres (CIM), integrada actualmente por cinco centros que dan cobertura a sete concellos situados en Boiro, Muros, Noia, Outes e Ribeira. O Goberno galego apoia o financiamento dos postos de traballo dos CIM e dos axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero, destinando a este programa máis de 219.000 euros aos concellos da área do Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.